O sábado 14 celebrouse en Riazor a Copa Galega Benxamín do 13º posto da liga en adiante. O Club Natación Arteixo tivo unha gran participación, con 16 deportistas que acadaron o 1º posto na clasificación conxunta e na masculina e o 2º posto na clasificación feminina. Foi unha boa tarde de competición, na que os nosos deportistas lograron mellorar todas as súas mellores marcas e fixeron un bo grupo animador. As remudas foron mixtas, de 4×50 estilos, na que acadamos o3º posto, e 4×50 libre, na que fomos 2º e 4º.
A clasificación total foi a seguinte: 1º C.N. Arteixo 336.0, 2º A.D. Náutico De Narón 248.0, 3º C.N. Coruña 237.0, 4º C.N. Arzúa 195.0, 5º S.D.C.N. Boiro 194.0.
Noraboa Equipo!!


