O Equipo Alevín do Club Natación Arteixo participa mañá sábado no 2º grupo da Copa Galega Alevín, que se organiza segundo a clasificación das 6 xornadas de Liga. Compiten en Vigo, cos seguintes clubs: SD Boiro, CT Codesal, CN Ferrol, Cidade de Santiago, CN Ponteareas, CN Rías Baixas e RCN de Vigo.
A competición consta dunha sesión de tarde, e nádanse dúas remudas (4×50 libre e 4×100 estilos), e unha proba individual (200 libre, 200 estilos para os maiores; 100 libre e 100 estilos para os pequenos).
A expedición trasládase en autobús, que sairá da Piscina Municipal de Arteixo ás 13:45, prégase puntualidade e acudir correctamente uniformad@s.
Esta é unha nova ocasión de competir ben e medirse como Equipo para esta categoría alevín… ¡¡Sorte rapaces!!