Esta fin de semana celébrase en Ferrol a Copa Galega Alevín. Será na Piscina Gómez Noya de 25 metros, o sábado e o domingo todo o día. É unha competición por equipos, non haberá premios individuais. Participamos con 5 nadadores con proba individual tres remudas femininas e dúas masculinas.
Asistirán Antía Gómez, Lucía Varela, Celia Rega e Lorena Martínez no equipo feminino e Adrián Canedo, Pablo Pose, Héctor Ríos e Mateo García no equipo masculino.
Podemos estar ó día dos resultados da competición premendo no seguinte enlace:
O equipo reunirase na Piscina de de Ferrol o sábado ás 9:15.
Ánimo e sorte EQUIPO!!