Copa Galega Alevín

Esta fin de semana celebrouse en Santiago a Copa Galega Alevín, con unha pequena participación do Club Natación Sarval Arteixo. A Copa era por equipos, sen premios individuais, e só con clasificación conxunta, na que acadamos o 16º posto.

Participamos con un nadador e catro nadadoras. Alejandro participou en 100, 200 libre e 200 braza. Nerea en 100 e 200 braza (baixa en 400 estilos), Iria en 200 braza e Nicole en 100 libre. Xunto con Raquel, participamos en dúas remudas, xa que a gripe fixo os seus estragos neste equipo, provocando que non poideran participar na sesión do sábado. Destacamos a remuda de 4×100 estilos, na que acadaron o 15º posto.

Deixamos o enlace para ver todos os resultados e unha aportación da pequena e futura nadadora Miriam para felicitar a este equipo e desexarlles que melloremos para verán.

Web do Campionato

20160220_copa_alevin2