Copa de Europa de AA

Este sábado día 20 de setembro, celébrase a 4ª Etapa da Copa de Europa de Augas Abertas 2025, e Mateo García Castro asistirá como parte da selección española formada por catro deportistas. Será no Porto de Barcelona, Moll de Bosch i Alsina, e a proba na que participa é no 10K. Deixamos enlazada a páxina onde aparecerán os resultados.

Mateo estrena esta tempada novo grupo de adestramento, xa que entrou a formar parte do Centro de Alto Rendimento (CAR) de Málaga, no que xa estaba Paula Otero. Ambos adestran no equipo especializado en fondo a nivel nacional. É un orgullo para o noso Club ter dous deportistas a este nivel, dende a distancia trataremos de apoialos o máximo posible.

Ánimo e sorte Mateo!!

Resultados