Copa de España de Clubs

Esta fin de semana celébrase en Santiago a Copa de España de Clubs de 2ª División, será sábado e domingo en sesións de mañán e tarde na Piscina de Santa Isabel.

A competición é a fase territorial da Copa, esto significa que se nada en tódalas Comunidades e despois únense os resultados para coñecer a clasificación por equipos e cales conseguirán ascender.

Asistimos con 20 nadadores e nadadoras, xa que participamos na feminina e na masculina. Será unha boa ocasión para volver a medirnos como equipo, esta vez a nivel nacional. Será un evento do máis intenso, xa que se nadan todas as probas do calendario e todas as remudas.

ConvocatoriasWeb do Campionato