Copa de Clubs

O pasado, o presente e o futuro do Natación Arteixo estarán presentes nun dos eventos máis importantes da tempada, a Copa Galega de Clubs, que dará comezo mañá. Constará de dúas xornadas de dúas sesións, este sábado 26 en Carballo e o seguinte, 3 de maio en Xove. Estamos en 2ª división e loitaremos por ascender a 1ª. Os equipos que nos acompañarán nesta competición son: A.D.Fogar Carballo, C.N.Ponteareas, C.N.Portamiñá, C.N.Salnés e C.N.Xove.

23 deportistas trasládanse a Carballo para nadar as seguintes probas: 200 braza, 100 costas, 1500 libre, 50 bolboreta, 200 estilos, 4×200 libre feminino e 4×100 libre masculino en sesión de mañá. 4×50 estilos, 800 libre, 100 estilos, 200 costas, 100 braza, 50 libre e 4×200 libre masculino.

Esperamos que vos animedes a asistir a esta competición para transmitirlle ánimo ó voso equipo. As sesións serán ás 10:30 e 17:30. A expedición sae da Piscina de Arteixo ás 8:30 da mañá, prégase puntualidade e asistir uniformad@s.

¡¡Ánimo e Sorte na viaxe cara á Primeira EQUIPO!!