Copa de Clubs. Resultados

Voltamos de Santiago con moi boas sensacións. Gran traballo de equipo, moi bo ambiente de competición, calor no momento de animar ós compañeiros/as. Todo isto tradúcese en bos resultados de marcas e de puntuación. Acadamos o 4º posto coa seguinte puntuación: CN Coruña 286, CN Liceo 283, RCN Vigo 261, CN Arteixo 231, CN Santiago 207,5, C.N. Riveira 204,5.

Esta última xornada deixa a puntuación de cara a Fase Final, que será a finais de abril, da seguinte forma: CN. Liceo 7, CN Coruña 5, RCN Vigo 4, CN Arteixo 3, C.N. Riveira 2, CN Santiago 1. Esta puntuación sumarase a obtida na fase final, que será o dobre. Da clasificación final, os dous mellores ascenderán, os seguintes permanecerán e os últimos descenderán a 2ª División.

Teremos que adestrar ben para loitar pola permanencia, está difícil, xa que os equipos rivais son de gran calidade, pero o Arteixo non se renderá sen competir a tope.

Noraboa pola mellora dende a 1ª Xornada, a partir de agora máis e mellor!!

Resultados