Este sábado celebrouse en Carballo a 1ª xornada da Copa Galega de Clubs. Esta tempada competimos en Segunda División e temos como obxetivo o ascenso a Primeira. Empezamos con bo pe, xa que acadamos o 1º posto moi axustado co equipo anfitrión, AD Fogar. Esto significa que debemos traballar duro para manter este posto e así entrar no grupo do ascenso.
A puntuación foi a seguinte: Arteixo 360, AD Fogar 353, C Marina Ferrol 323, CN Rías Baixas 251, C USC 176, CN Xove 175. Os nosos competiron con bastante bo nivel pero sabemos que ainda podemos mellorar moito, así que este resultado será a plataforma de saída para unha liga que seguro que será moi reñida.
Noraboa EQUIPO!!