Este sábado celebrouse en Ferrol, na Piscina Gómez Noya, a competición que marca o final da tempada competitiva do noso equipo máis mozo, a Copa Galega Benxamín, a que para nos foi un evento moi especial e exitoso xa que entramos a competir no grupo de cabeza, nos clasificados entre os oito primeiros.
Foi unha gran xornada competitiva onde lle demos prioridade á participación e ó compañeirismo, tan importante para este deporte, en especial nestas idades. Asistimos cun total de 33 nadadores/as. Acadamos o 8º posto na clasificación conxunta, o mesmo que na liga, 5º feminino e 8º masculino. Os nosos deportistas participaron nas dúas remudas cun total de 8 equipos, que acadaron as seguintes clasificacións:
4×50 libre masculino, 7º e 16º; 4×50 libre feminino, 10º e 15º; 4×50 estilos masculino, 9º e 14º; 4×50 estilos feminino, 3º e 11º
Noraboa a todos/as e á adestradora Sara por esta gran tempada de enorme mellora!!