Un pequeno grupo do Equipo Benxamín, xa que non poideron asistir moitos dos que veñen de participar na Liga durante toda a tempada, nadaron este sábado a Copa Galega Benxamín. Asistiron un total de 9 deportistas (2 nadadores e 7 nadadoras). Voltan con moi boas sensacións, xa que houbo moito ánimo ó equipo en todo momento e as probas nadadas foron as mellores de toda a tempada. A adestradora Sara da moi boa crónica da xornada, dalgunha forma, os asistentes compensaron a falta dos compañeiros e compañeiras que non poideron asistir.
Acadamos o 7º posto dos 11 equipos que participaron, tendo en conta que entramos no grupo de competición do 9º posto en adiante da Liga Galega de Clubs.
Noraboa Benxamíns!!