Este sábado celebrouse en Ferrol, na Piscina de Batallones, a competición que marca o final da tempada competitiva do noso equipo máis mozo, a Copa Galega Benxamín. O gran éxito da tarde foi pasar do 8º ó 5º posto por equipos.
Foi unha gran xornada competitiva, emocionante ata o final, con moi boa actuación en canto a técnica e marcas en cada proba nadada e moito ánimo por parte dos compañeiros/as. Todo este ambiente deu como resultado un ascenso notable nos postos da clasificación. Participábamos no 2º grupo, de oitavos, e rematamos a xornada en 5º posto:
C. MARINA FERROL, 361; AGRUP. DEP. FOGAR, 323; C. N. PONTEAREAS, 303; C. N. CORUÑA, 297; C. N. ARTEIXO, 276; C. N. CULLEREDO, 267; C. DEL MAR DE SAN AMARO, 220; CDN CIDADE DE SANTIAGO, 205
Asistimos cun total de 20 nadadores/as. Os nosos deportistas participaron nas dúas remudas cun total de 8 equipos, que acadaron as seguintes clasificacións:
4×50 libre masculino, 7º e 11º; 4×50 libre feminino, 3º e 9º; 4×50 estilos masculino, 7º e 14º; 4×50 estilos feminino, 4º e 8º
Noraboa a este Gran Equipo pola Tempada 18/19!!