Copa Alevín

Este fin de semana celébrase en Ferrol a Copa Galega Alevín. Será na Piscina Gómez Noya de 25 metros,  o sábado pola tarde e o domingo todo o día. É unha competición por equipos, non haberá premios individuais. Participamos con 4 nadadores con proba individual e dúas remudas femininas.

Asistirán Antía Gómez, Lucía Varela, Celia Rega e Lorena Martínez no equipo feminino e Daniel Capelán, Miguel Gómez e Manuel Ruibal no equipo masculino.

Podemos estar ó día dos resultados da competición premendo no seguinte enlace:

Web do Campionato

O equipo reunirase na Piscina de Arteixo o sábado ás 14:45 para viaxar a Ferrol en coches particulares.

Ánimo e sorte EQUIPO!!

Convocatorias