O Equipo Alevín do Club Natación Arteixo, este sábado en Vigo, competiu motivado e ilusionado, obtendo así moi bos resultados, con melloras considerables de marcas persoais, e un resultado final de un 2º posto na clasificación conxunta (2º masculino e 3º feminino).
Clasificación: CN Ferrol, 236,5; CN Arteixo 204; RCN Vigo, 198,5; CT Codesal, 149; CN Rías Baixas, 131; AD Boiro, 126; CN Ponteareas, 118; CN Cidade Santiago, 83.
A vindeira cita importante deste equipo será o Campionato Galego, ó que se acude con mínimas, e que se celebrará en Carballo a finais de xuño.
¡¡Noraboa EQUIPO!!