Movido fin de semana para o Club Natación Arteixo con nada menos que 4 competicións. Celébranse en Riazor unha Toma de Tempos pola mañá á que asistirán os nadadores/as de categoría Infantil, e a 3ª Xornada de Liga Alevín en sesión de tarde (50 libre, 100 costas, 100 bolboreta, 400 estilos e remudas de 8×50 libre mixto)
En carballo asisten os Absolutos e Juniors para participar na 1ª xornada do Circuíto ADAN. Finalmente, o domingo pola mañá compiten os máis veteráns en Lugo, na súa 2ª xornada de Liga Máster.
¡¡Sorte e ánimo a todos este deportistas!!