Este sábado celébranse tres competicións con presencia do noso Club. En San Amaro terán lugar as xornadas de Liga Benxamín e Alevín, unha a continuación da outra. Os benxamíns irán no primeiro turno, participan un total de 13 deportistas, a alevín será a continuación e asisten 20 deportistas. Ambas categorías participarán en probas individuais e remudas e será a súa 2ª xornada desta tempada.
O equipo máster viaxa a Ferrol, á Piscina de Javier Gómez Noya, con unha participación de sete nadador@s na tamén 2ª xornada de Liga Galega.
Ánimo e Sorte a tod@s!!


