Convocatorias

Esta fin de semana celébranse dous destacados campionatos e unha Liga Territorial nos que o Club Natacion Arteixo terá presencia. Estos serán, o Campionato Galego de categoria alevín, o Campionato de España de Longa Distancia en Piscina, e a 2ª xornada de Liga Infantil.

Empezamos polos máis pequenos das convocatorias. O Equipo Alevín compite en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, con un amplio calendario de probas repartidos en sábado e domingo con sesións de mañan e tarde. Berto, Roque, Aloia, Daniela, Lola, Lucía, Marta e Martina serán os protagonistas, e nadarán un total de 22 probas individuais e dúas remudas femininas. Este campionato será o evento máis importante desta categoria na tempada de inverno e terán a posibilidade de demostrar a súa mellora técnica e a súa capacidade de competir como un gran grupo.

Poderemos estar atent@s ós seus resultados case en directo na páxina que enlazamos a continuación:

ConvocatoriasWeb do Campionato

Por outra banda, este sábado en Oviedo celébrase o Campionato de España de Longa Distancia en piscina, no que o noso club terá a presencia de dous deportistas que se medirán ó máis alto nivel, Mateo Garcia e Paula Otero. Ambos nadarán a proba de 5000 metros. Este evento celébrase en sesión de mañan e reunirá ós mellores nadadores e nadadoras do Estado desta modalidade. Poderemos seguir os resultados no seguinte enlace:

Web do Campionato

Finalmente, en Santiago, na Piscina de Santa Isabel terá lugar a 2ª xornada de Liga Infantil, á que acudimos con un total de nove deportistas que participarán en 18 probas individuais e remudas masculina e feminina de 4×100 estilos.

Convocatorias

Ánimo e sorte a TOD@S!!