Convocatorias Galego e Trofeo Montón

Dende mañá xoves 4 ata o domingo 7 de xullo celébrase en Pontevedra, na Piscina de Rías do Sur, o Campionato Galego de Verán de categorías Infantil, Junior e Absoluto, o CNA asiste con 18 nadadores/as. Este sábado tamén participaremos no Trofeo Montón, organizado polo Club Marina Ferrol.

O Campionato Galego constará de eliminatorias para tódalas categorías pola mañá, e finais absolutas e infantiles pola tarde. O equipo estará composto por 11 nadadores e 7 nadadoras que participarán en probas individuais e en remudas de categorías absoluta masculina e feminina e infantil masculina.

Podemos estar atentos e atentas case en directo ós resultados deste equipo na web da federación:

Web do Campionato

Por outra banda o Trofeo Montón de Ferrol é coma unha festa competitiva de final de tempada, será ó aire libre e vai dirixido ás categorías de base: promesas, benxamíns e alevíns. Serán 35 os nosos representantes e seguro que disfrutarán dun gran día de competición e convivencia.

Convocatorias