Esta fin de semana o Club Natación terá presencia en dous campionatos importantes. Por unha banda a nosa Paula Otero participará coa Selección Española de Augas Abertas na 2ª etapa da Copa de Europa, nadará un 10K e será mañán día 29 en Barcelona.
O noso equipo infantil viaxa a Pontevedra para participar no Campionato Galego Infantil de verán. Asistimos con un total de seis deportistas, Berta, Carla, Jazmin, Miriam, Krisztofer e Manuel, que nadarán un total de 17 probas individuais e unha remuda feminina de 4×100 estilos. podemos seguir os resultados case en directo no enlace que deixamos nesta nova.
Ánimo e Sorte a tod@s!!