Este sábado 2 de abril celébranse dúas competicións nas que participarán os nosos deportistas. En Carballo a 5ª xornada de Liga Alevín, nadarase: 200 braza, 100 libre, 200 estilos, 400 libre e remudas de 8×50 estilos mixtas. A expedición quedará en Carballo ás 15:45.
Por outra banda celébrase en Ribeira a 3ª Xornada do Circuíto Adan. Nadaranse as seguintes probas: 200 costas, 100 libre, 400 estilos, 200 bolboreta, 50 braza, e 100 estilos. Para facilitar a tódoloss asistentes e as súas familias o traslado, o club poñerá a disposición un bus no que todos aportaremos 5 euros, tanto nadadores coma familiares. A lista para apuntarse estará á vosa disposición dende hoxe na porta da oficina do club.
Sorte a tod@s!!