Este fin de semana será movido para o Club Natación Arteixo, xa que participaremos en tres competicións, dúas xornadas de liga (benxamín e máster) e un trofeo.
O equipo benxamín estrea a súa liga esta tempada con unha 1ª xornada que se celebra en Carballo. Nadarán 50 libre, 100 libre, 50 braza e remudas de 4×50 costas e 6×50 costas.
18 nadadores/as do grupo infantil, junior e absoluto participan no «XXXI Trofeo Ciudad de A Coruña». Será no Inef de Bastiagueiro e constará de sesión de mañá e tarde.
O equipo máster tamén estrea a súa tempada de liga en Carballo, o domingo pola mañá. Nadarán 50 bolboreta, 50 braza, 100 estilos, 200 libre, e remudas de 4×50 libre mixtas.
Toda a información adicional podedes consultala nas convocatorias publicadas nesta web.
¡¡Sorte e ánimo para tod@s!!