Esta fin de semana participamos en dúas competicións. Por unha banda, o equipo alevín celebra en Carballo a súa primeira xornada de liga, na que se nadarán as seguintes probas: 400 estilos, 100 braza, 50 libre, 50 braza, 200 costas, 400 libre e remudas de 4×100 libre masculinas e femininas.
Ademáis celébrase o Campionato Galego Absoluto de Inverno en Lugo, na Piscina de Frigsa dende o venres 25 ata o domingo 27, con eliminatorias en sesión de mañán e finais en sesión de tarde. Viaxamos cun total de 16 deportistas coa ilusión posta en competir a tope un campionato que será a primeira cita importante da tempada.
Ánimo e sorte a ambos Equipos!