Este fin de semana será competitivo para o Club Natación Arteixo. Participamos en dúas competicións en Carballlo. O sábado pola tarde co Equipo Infantil a súa 2ª xornada de liga, e o domingo cos Junior e Senior, un control de marcas.
Os dous días competiremos en dous turnos, feminino e masculino, por cuestión de seguridade e aforos. Recordade que debedes levar sempre cuberta e firmada a declaración responsable e no caso de necesitalo o certificado de movilidade que vos faremos chegar de forma individual. Neta ocasión só o necesitan os residentes no Concello de Arteixo.
Ánimo e sorte a tod@s, aproveitade a ocasión para competir a tope!!