Esta fin de semana o Club Natación Arteixo participa en tres competicións. O sábado día 18 unha gran parte do club viaxa a Lugo para participar no 29 Trofeo de Lugo. Asisten un total de 37 nadadores e nadadoras de categorías benxamín, alevín e infantil, será en dúas sesións e consta con unha remuda de 6×50 libres, na que nadadará un neno e unha nena de cada categoría.
Alba Gómez Mesías, participará cunha selección do CGTD no Trofeo Villa de Gijón, que se celebrará no Club Natación Santa Olaya o sábado e domingo. Nadará catro probas, 50, 100, 400 libres e 400 estilos.
O equipo máster participa na 5ª Xornada de Liga en Santiago o domingo pola mañán.
Ánimo e sorte a tod@s!!