Convocatorias Fin de Semana

Este fin de semana o noso Club participa en dúas competicións. O sábado na Fase Final da Liga Galega de Clubs en Ribeira. O domingo no Trofeo Juan Varela Máster, en Ferrol, organizado polo Club Marina Ferrol, ó que asisten un total de 12 nadadores e nadadoras que participarán en probas individuais e de remudas.

Na Fase Final, o noso equipo xógase a permanencia en primeira división ou descenso a segunda. Calquera dos dous resultados son posibles tendo en conta a categoría e a capacidade de competir dos nosos contrincantes directos. Participamos 6 clubs, pero contando cos postos acadados nas xornadas preliminares, os nosos rivais directos son Ribeira e Cidade de Santiago, aínda que nas series puntuaremos os seis clubs.

Pódense escribir grandes e emocionantes historias de tódalas Fases Finais nas que participamos, sempre loitando coma os máis grandes independentemente do resultado, sempre sacando o mellor para o Equipo por enriba do cansancio e dos éxitos individuais. Moit@s non recordamos medallas en grandes campionatos, pero non esqueceremos esa copa levantada en Ferrol ascendendo como campións.

O día sempre parece difícil, largo, duro, esixente, pero cando chegamos á piscina e sentimos a calor da competición, sabemos que só queda medirse, sen pensar, só sentindo a fortaleza que che da pertencer a este equipo, o Club Natación Arteixo, que sen dúbida, e pase o que pase, é un equipo de Primeira.

Convocatorias

E un recordo, só para ver de que somos capaces xuntos:

Ver Video