Convocatorias Fin de Semana

Despois do descanso de Semana Santa a nivel competitivo, empezamos forte con tres convocatorias. A 5ª Xornada Benxamín o sábado pola tarde en San Amaro con probas de 200 estilos e 100 libre para a idade maior, 100 estilos e 50 braza para a idade pequena e remudas de 4×100 estilos para tod@s.

A 3ª Xornada Máster en Monforte o domingo pola mañá. As probas que se nadarán son 50 costas, 200 costas, 100 libre, 400 libre e remudas de 4×50 libre.

E tamén competirá Alba no Campionato de España á que lle dedicaremos unha noticia especial.

Sorte a tod@s!!

Convocatorias