Convocatorias Fin de Semana

Este fin de semana o Club natación Arteixo participará en dúas competicións. O II Trofeo CSDA Montón en Ferrol e o Campionato Galego de Verán de categorías Infantil, Junior e Absoluta.

As categorías Alevín, Benxamín e Promesa, participan nun Trofeo organizado polo Club Marina Ferrol na Piscina Montón, será en sesión de mañá e tarde o sábado día 8. Viaxarán 34 deportistas para participar neste evento ó aire libre, aconséllase crema solar e gorra. Participarán en diferentes probas e haberá remudas intercategorías de crol e de estilos.

             

O Equipo de maiores viaxa mañá pola mañá a Pontevedra para participar no Campionato Galego de verán, durará dende o xoves ata o domingo. Este campionato estrea formato, xa que será con eliminatorias para tódalas categorías pola mañá, e finais absolutas pola tarde.

Participaremos nun total de 62 probas individuais e 13 remudas (7 absolutas, 3 junior e 3 infantiles), forman o equipo 15 nenas e 9 nenos.

Podemos estar atentos e atentas os resultados deste equipo na web da federación:

Web do Campionato

Convocatorias