Convocatorias Fin de Semana

Esta fin de semana participamos en dúas competicións, na Copa Galega Benxamín en Ferrol e no trofeo Pedro Escudero en Ourense.

O Trofeo celébrase en dúas sesións na Piscina Rosario Dueñas, de 50 metros. Participarán 15 deportistas do club de categorías Infantil, Junior e Absoluta, esta será a última cita competitiva antes do Campionato Galego destas categorías.

A Copa Benxamín será en Ferrol, organizada polo campión da Liga Benxamín, o Club Natación Ferrol. Será en sesión de tarde, acudirá o equipo case ó completo, cada neno/a pode participar nunha proba individual e nas remudas, estas serán de 4×50 libre e 4×50 estilos. As probas para os máis maiores son 200 libre e 200 estilos, para os máis pequenos 50 libre e 100 estilos.

Competimos cos 8 primeiros clasificados da Liga Benxamín, xa que esta Copa nadarase en varias sede segundo esta clasificación.

Ánimo e sorte a tod@s os convocados este fin de sábado!!

Convocatorias