Convocatorias e Resultados

Esta fin de semana o noso equipo alevín asiste en Ferrol, na Piscina Javier Gómez Noya, á 3ª xornada de Liga Territorial, será o sábado pola tarde e xa temos publicada a convocatoria. Tamén temos publicados, sentimos o retraso, os resultados da xornada anterior celebrada en San Amaro o 21 de decembro. A xornada constará das seguintes probas: 100 libre, 200 bolboreta, 50 costas, 800 libre, 200 braza, 200 estilos e remudas de 4×100 estilos.

Por outra banda, tres compoñentes do noso equipo benxamín asistirán tamén a tarde do sábado, a unha xornada GES de adestramento conxunto, organizada pola FEGAN. Estes deportistas son, Pedro Aldao, Valeria Pan e Irene Ferro.

Ánimo e Sorte a tod@s!!

ResultadosConvocatorias