Convocatorias e Calendario

Esta fin de semana competirán para estrear o 2017 dous equipos do Club natación Arteixo. O equipo alevín na 3ª xornada de liga e o equipo máster no Campionato Galego de Inverno.

A xornada alevín será na Piscina de San Amaro nadando as seguintes probas: 50, 200 bolboreta, 100 costas, 800 libre feminino, 400 estilos e 200 libre masculino. As remudas serán de 4×100 libre feminino e 4×100 estilos masculino.

O Campionato Galego Máster celébrase na piscina de Rías do Sur, en Pontevedra. 6 nadadores e 4 nadadoras serán os representantes do CNA.

Está anovado o Calendario da tempada, coa inclusión das dúas xornadas do circuíto ADAN.

Convocatorias

Calendario