Esta fin de semana participamos en dúas competicións. Por unha banda o noso equipo benxamín acude a Carballo para participar na 4ª xornada da Liga Galega, será en sesión de tarde e nadadrán un total de 6 nenos e 6 nenas.
Tamén teremos presencia no Campionato Galego Infantil de Inverno que se celebra en Cervo durante o sábado e o domingo en sesións de mañán e tarde. Asistimos con nove deportistas, 5 nenos e 4 nenas para participar en probas individuais e nas remudas de 4×100 libre e 4×100 estilos.
Poderemos estar atent@s ós resultados no enlace que deixamos nesta nova.
Ánimo e Sorte a tod@s!!


