Esta fin de semana vai ser do máis movida para o Club Natacion Arteixo. Participamos nun total de catro competicións das cales xa están publicadas as convocatorias. Empezamos pola 2ª xornada da Liga Benxamín, que se celebrará en San Amaro o sábado en sesión de tarde e á que acuden un total de 20 nadadores e nadadoras. A continuación haberá unha pequena toma de tempos na que participan catro deportistas. O mesmo día celébrase en Carballo o II Memorial Pedro Luis Fernández Pombo, esta competición será en sesións de mañán e tarde e acuden 24 nadador@s de diversas categorias. O mesmo trofeo, pero de categoria máster terá lugar o domingo pola mañán, onde o Natación Arteixo estará representado por catro deportistas desta categoria.
Ánimo e Sorte a tod@s!!