Esta fin de semana celébranse dúas competicións con participación dos nosos equipos. Parte dos nosos nadadores e nadadoras competirán en Arteixo e o Equipo Máster compite na cita máis importante do verán.
Organizamos unha Toma de Tempos entre varios clubs da zona na nosa piscina que reunirá a 60 nadador@s de categorías dende Infantil ata Absoluta co obxectivo de rexistrar e mellorar marcas individuais. Terá lugar en sesión de tarde dando comenzo ás 17:00 na Piscina Municipal de Arteixo.
Por outra banda, os nosos Máster viaxan a Ourense para participar no Campionato Galego Máster de Verán. Asisten un total de 13 deportistas que participarán nun total de 44 probas e algunha remuda masculinas e mixtas. Poderemos seguir os seus resultados prácticamente en directo no enlace que deixamos a continuación.
Ánimo e Sorte a tod@s!!