Esta fin de semana teremos presencia en dúas competicións. Asistimos con 20 nadador@s de categorías Infantil, Junior e Absoluta a Ourense para participar no Trofeo Pedro Escudero, primeira ocasión que teremos de competir en Piscina de 50 metros. Participaremos en probas individuais e remudas mixtas de 4×100 libre e 4×100 estilos. Está publicada a convocatoria e o horario de saída no enlace que deixamos, así coma a información do evento.
Por outra banda, Paula Otero está a participar dende onte mércores 29 na 2ª Etapa do Trofeo Mare Nostrum en Barcelona, onde participa nas probas de 800, 400 e 200 libre.
Ánimo e Sorte a tod@s!!