Esta será unha fin de semana moi movida para o Club Natación Arteixo coa celebración de 3 competicións coa súa presencia. Celébranse dúas ligas de idades. A 4ª xornada Infantil en Lugo, na Piscina do Fluvial, alí trasládanse 12 deportistas a nadar un total de 24 probas individuais e remudas de 4×100 estilos mixtas. O Equipo Alevín viaxa a Narón para rematar a súa Liga coa celebración da 6ª Xornada, na que nadarán 11 deportistas con dúas probas cada un e sen remudas.
Por outra banda, terá lugar no Lago de As Pontes, o Campionato Galego de Augas Abertas, no que teremos récord de participación con 4 máster que nadarán 2500 metros, e 12 deportistas de categorías Infantil, Junior e Senior que nadarán 5000 metros.
Ánimo e Sorte a tod@s!!