Convocatorias

Esta fin de semana espérase moi movida para o Club Natación Arteixo, paricipamos nun total de catro competicións. Nesta nova falamos da convocatoria das 2 Ligas Galegas. Os Alevíns compiten a súa 4ª xornada en San Amaro, onde esperamos que demostren a mellora que están conseguindo no adestramento diario. Asisten un total de 12 nenas e 3 nenos que participarán en dúas probas individuais e presentaremos tamén unha remuda mixta de 4×100 libre.

Por outra banda en Ferrol viviremos a última xornada da Fase Preliminar da Liga Absoluta, na que o noso equipo Junior e Absoluto tratará de manter ese meritorio 2º posto no que está clasificado de momento. Esta competición será a que definirá os grupos que loitarán pola permanencia e polo título na Fase Final no mes de maio. Celébrase na Piscina Gómez Noya, e nadaranse as seguintes probas: 4×50 estilos, 400 libre, 100 bolboreta, 100 braza, 200 costas, 200 estilos, 100 libre feminino, 50 libre masculino, remudas de 4×200 libre feminino e de 4×100 libre masculino.

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias