Convocatorias

Este fin de semana será moi movido para o Club Natación Arteixo, xa que participamos nun total de catro eventos. O Equipo Alevín participa na súa 2ª xornada de Liga Alevín na coruñesa piscina de San Amaro, será o sábado en sesión de tarde.

En Carballo celébrase a primeira edición dun Trofeo en homenaxe e recordo a Pedro Luis Fernández Pombo, persoa referente no mundo da natación galega e carballesa. O Trofeo consta de dúas xornadas, o sábado 16 en sesión de mañán e tarde para deportistas, e o domingo en sesión de mañán para másters. O noso club acude con un total de 22 nadador@s de categorías infantil, junior e absoluta, e 5 de categoría máster.

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias