Convocatorias

Este sábado celébranse dúas competicións con presencia dos nosos nadadores/as. En Pontevedra terá lugar o Campionato Galego de Longa Distancia en piscina, será en sesión de tarde e asisten un total de cinco deportistas, Mateo García, Paula Rodríguez, Ana Veiga, Nerea Alvite e Alba Gómez. Tod@s nadarán a proba de 3000 metros.

Por outra banda, o equipo Alevín comeza a súa liga, na que participan 17 nadadores e nadadoras e que nadarán as seguintes probas: 50 libre, 50 bolboreta, 200 costas, 100 braza, 400 estilos e remudas de 4×100 libre masculina e feminina.

Ánimo e sorte a tod@s!!

Convocatorias