Esta fin de semana celébranse dúas competicións nas que participará o Club Natación Arteixo. Por unha banda unha pequena, pero moi boa representación do Equipo Benxamín participará na Copa Galega desta categoría. Será en Xove en sesión de tarde e nadaranse as seguintes probas: 200, 100 e 50 libre, 200 e 100 estilos.
A outra covocatoria será para o Trofeo Pedro Escudero, en Ourense en piscina de 50 metros, no que asistimos con un total de 25 nadadores e nadadoras e no que se nadarán os 50, 100 e 200 de cada estilo, 200 e 400 estilos e 400 libre.
Ánimo e Sorte a tod@s!!