O Club Natación Arteixo compite esta fin de semana en varios eventos. Celébrase unha toma de tempos en Riazor, na que participamos con nadador@s de categorías alevín, infantil, junior e absoluta. O Campionato Galego Máster de verán será en Ourense, e finalmente teremos a Marcos del Río como representante no Campionato de España de Augas Abertas no que participa na categoría Máster.
A Toma de Tempos será en sesión de tarde en Riazor, dará comezo ás 17:00, quencemento ás 15:50. A convocatoria está publicada no contido que enlazamos nesta nova.
O Campionato Galego Máster celébrase en Ourense, na Piscina de Rosario Dueñas, de 50 metros, en dúas xornadas e catro sesións de sábado e domingo. Teremos representación con cinco nadadores: Chema, Diego, Gabriel, Ramón e Rubén; e unha nadadora, Sara, que se acaba de unir ás nosas filas do equipo máster para estrearse neste evento de final de tempada. Enlazamos a páxina da FEGAN para poder seguir oa resultados da competición prácticamente en directo.
Por outra banda, Marcos Del Río, nadador que comparte categoría absoluta e máster, participa esta fin de semana en Sevilla no Campionato de España de Augas Abertas. Nadará a proba de 3000 metros o sábado pola tarde. Estaremos atentos ós seus resultados na páxina oficial da RFEN.
Ánimo e Sorte a tod@s!!