Este sábado celébranse dúas competicións en sesión de tarde. Por un lado nádase a 4ª xornada de Liga Máster en Ferrol, na Piscina Gómez Noya, e por outro a 5ª xornada de Liga Benxamín na coruñesa Piscina de Riazor.
Están publicadas ambas convocatorias. Ademáis a nadadora absoluta, Alba Gómez e a adestradora Lucía Leiro asistirán a un clínic de saídas organizado pola FEGAN, será en Lugo tamén o sábado pola tarde.
Remataremos este intenso día, non o esquezades, coa Cea Anual do Club, que por fín podemos celebrar dende febreiro de 2020.
Ánimo e sorte a tod@s!!