Convocatorias

Esta fin de semana compiten case todas as categorías do Club Natación Arteixo. Celébranse dúas competicións nas que participamos, o Campionato Galego Junior e Absoluto, e o Trofeo Montón para os Promesas, Benxamíns e Alevíns.

A Ferrol, ó Trofeo de Base organizado polo Club Marina Ferrol, sae unha comitiva de 22 nadador@s e 29 acompañantes a pasar un bonito día de competición ó aire libre. Nadaranse todos os 25, 50 e 100 para todas estas edades que conforman a base do noso equipo. Para a filosofía do Club Natación Arteixo, a natación nestas edades, son para aprender a nadar coa mellor técnica posible, disfrutar do deporte e ir aprendendo as normas da competición reglada. Ningunha competición mellor que esta para cumplir todas as espectativas. Haberá autobús e a competición constará de sesións de mañán e tarde.

Sorte e a disfrutar peques!!

Na outra parte da pirámide, está o equipo Junior e Absoluto, que teñen a súa competición clave de tempada de verán, o Campionato Galego. Este celébrase en Ourense dende o venres 1 ata o domingo 3. Constará de sesións de eliminatorias pola mañán e finais pola tarde. O Club Natación Arteixo participará nun total de 60 probas individuais e 12 remudas (10 de categoría absoluta masculina e feminina e 2 de categoría junior masculina).

Aspiramos neste campionato a que sexa o mellor momento competitivo da tempada, tendo en conta que na Fase Final da Liga de Clubs acadamos moitas MMP e fixemos un magnífico traballo de equipo. Así que agora toca superarse.

Ánimo e a competir A TOPE!!

Convocatorias