Esta fin de semana é o momento das competicións importantes dos equipos de base do CNA. Celébranse dous eventos que marcan os resultados de toda a tempada de adestramentos e mellora. A Copa Benxamín e o Campionato Galego Alevín.
Participamos en Santiago na Copa Galega Benxamín, competición que se realiza cos resultados da Liga Galega Benxamín. No noso grupo están os equipos que quedamos do posto 9º en adiante. Acudimos co equipo un pouco reducido, xa que as datas son complicadas, 10 nadador@s que participarán nas probas individuais e nas remudas femininas. A competición será en Santiago, na Piscina de Santa Isabel e poderá haber público hasta completar aforo.
Por outra banda, mañán sábado comeza o Campionato Galego Alevín, no que participamos con 3 nadador@s que nadarán a proba de 100 costas. Diego Prieto, Manuel Díaz e Aldara Molinelli acadaron as súas mínimas durante a celebración da Liga Alevín e agora tócalles acudir con Sara, a súa adestradora a este gran evento que se celebra en Cervo (Lugo). Poderemos estar atent@s ós seus resultados a través da páxina da FEGAN que enlazamos a continuación.
Ánimo e Sorte a tod@s!!