Temos moito movemento de novo esta fin de semana que relatamos a continuación. Paula sae para unha concentración previa ó Campionato do Mundo, Un pequeno grupo está pasando calor en Badajoz para participar nun trofeo e os máster asisten ó seu Campionato Galego de verán.
Empezamos polos máster, que nadan en xornadas de sábado e domingo en Ponteareas o Campionato Galego de verán. Acuden só 4 deportistas, Raquel, Xeila, Javier Mella e Rubén, xa que son datas moi complicadas para algúns membros do nos equipo. A competición durará toda a fin de semana e coma sempre voltarán cargados de ilusión e xa veremos se con algunha alegría deportiva.
Un grupiño do equipo junior e absoluto viaxou a terras extremeñas para participar no Meeting Ciudad de Badajoz, Alba, Noelia, Mateo, Miguel e Pablo Pose nadarán a altas temperaturas pero con gran ilusión. Este trofeo está organizado polo Club Natación Badajoz, equipo do que foi adestradora Luchi durante 5 anos, así que a emoción está servida. A competición consta de eliminatorias o sábado en sesión de mañán e tarde, e finais o domingo pola mañán. Tod@s participan en 4 probas individuais.
E a nosa internacional Paula Otero sae hoxe para Palma de Mallorca, onde participará nunha concentración previa ó Campionato do Mundo no que participa do 18 ó 24 de xuño en Budapest. Paula está convocada para nadar 400, 800 e 1500 libre e vai acompañada nesta nova aventura competitiva súa adestradora do CGTD, Luisa Domínguez.
Todas as convocatorias están dispoñibles no apartado correspondente da web.
Ánimo e sorte a tod@s!!