Esta fin de semana o Club Natación Arteixo participa en dúas competicións. Os máis pequen@s nadan a última xornada de liga benxamín, que ademáis organiza o noso Club na Piscina Municipal de Arteixo. Participarán nas seguintes probas: 100 e 200 estilos, 100 costas, 50 libre e 4×100 libre mixta. Será en sesión de tarde e nadarán con moita ilusión por facelo na «casa».
Tres nadador@s de categoría absoluta asisten ó Trofeo Internacional Villa de Gijón, que será en xornadas de sábado e domingo. Alba (50,100,200 libre 2 50 bolboreta), Miguel (50,100,200 braza e 50 costas) e Paula (400 e 1500 libre). Os resultados poderemos consultalos en directo no enlace que deixamos debaixo desta nova.
Ánimo e Sorte a tod@s!!