Mañán sábado celébranse dúas competicións nas que participará o noso Club. En Riazor nadarase a 6ª xornada da Liga Alevín coas seguintes probas: 1500 libre, 400 estilos, 50 libre, 100 costas, 100 bolboreta, 200 braza, 400 libre e remudas de 4×100 libre mixtas. Asistimos con un total de 12 deportistas e celebrarase en sesión de tarde.
En Caraballo será unha das competicións por equipos máis importantes para o Club, a fase final da Liga Galega de Clubs, na que decidirase o ascenso a 1ª División entre Rías Baixas, AD Fogar e CN Arteixo; e a permanencia entre o CN Mos, AD Náutico de Narón e USC. Dous equipos son os que teñen opción de ascender, e o primeiro será o gañador do Título de 2ª División.
Será unha xornada de dúas sesións, nas que se nadan tódalas probas do calendario e 4 remudas. Será moi intensa, non lle faltará emoción, e estamos segur@s de que os nosos nadadores e nadadoras loitarán ata o último punto para lograr o obxectivo principal, sair da piscina Carballo Calero coa sensación de ter competido A TOPE por algo moito máis importante que o éxito das marcas individuais, polo éxito do seu EQUIPO.
Ánimo e sorte a td@s!!