Esta fin de semana unha gran parte do Club estará competindo. O equipo benxamín participa na súa 3ª xornada de liga na coruñesa piscina de Riazor. Acuden un total de 17 deportistas que nadarán as seguintes probas: 100 braza, 50 braza, 50 bolboreta e 50 pes braza, tamén participaremos nas remudas que serán de 4×100 libre. A esta competición poderá asistir un acompañante por nadad@r, toda a información foi enviada vía wasap.
E en Ourense, dende o venres 18 ata o domingo 20, celébrase o Campionato Galego Infantil e Junior de Inverno e Copa Senior. Neste evento participamos con un total de 25 deportistas. 7 senior que nadarán 21 probas individuais, 6 junior que participarán en 18 probas individuais e remudas masculinas, e 11 infantiles que nadarán 30 probas individuais e remudas masculinas e femininas. Poderemos seguir os resultado deste equipo a través da web do campionato. Tódolos compoñentes do Arteixo marcha moi ilusionad@s cara a Ourense, xa que fai moito tempo que non podemos participar nun evento no que poder compartir a emoción da competición entre as tres categorías.
Ánimo e sorte a tod@s!!
ConvocatoriasWeb do Campionato