Convocatorias

Esta fin de semana o Club Natación Arteixo competirá a 2ª xornada da Liga Absoluta e a nadadora Paula Otero viaxa co equipo nacional absoluto a Amberes.

Será en Narón e nadaremos as seguintes probas: 100 estilos, 50 braza, 1500 libre masculino, 200 libre feminino, 200 bolboreta, 100 costas, 100 libre masculino, 50 libre feminino e remudas de 4×200 libre masculino e 4×100 libre feminino.

Na 1ª xornada acadamos o 2º posto, o noso obxectivo será repetir ou mellorar dito posto para tentar garantizar entrar en postos de ascenso de cara á fase final.

Por outra banda, a nadadora Paula Otero viaxa hoxe coa selección española para participar o 22 e 23 de xaneiro, na «Flanders swimming Cup», en Amberes (Bélgica). Está convocada para nadar 200 bolboreta, 200, 400 e 800 libre. Tamén haberá en remudas de 4×100 estilos e 4×100 libres. É a primeira ocasión para Paula nesta tempada, de competir en piscina de 50 metros e ó máis alto nivel. Estaremos atent@s ós seus resultados, esperemos que disfrute desta nova experiencia co ENA.

Ánimo e sorte a tod@s!!

ConvocatoriasConvocatoria Paula