Convocatorias

Esta fin de semana participamos en dúas competicións. O equipo infantil acude a Carballo a nadar a 2ª xornada de liga en sesión de tarde co seguinte calendario de probas: 400 libre, 100 costas, 200 estilos, 100 libre, 200 bolboreta, 100 braza, 800 libre e remudas de 4×100 libre.

Por outra banda, o equipo máster participa en Ponteareas no Campionato Galego de Inverno. Será en dúas xornadas divididas por idades por cuestións de aforo. Do noso club asisten 4 nadadores e 2 nadadoras que nadarán un total de 20 probas individuais. Poderemos estar ó día en directo dos resultados a través da web da FEGAN e velo en directo vía streaming. Ramón, Gloria, Javi Mon, Chema, Diego e Keti serán os encargados de levar as nosas cores a este campionato… confiamos en vos.

Ánimo e sorte a tod@s!!

ConvocatoriasWeb do CampionatoStreaming