Convocatorias

Esta fin de semana celébranse dúas competicións con presencia dos nosos nadadores/as. O sábado pola tarde nadaremos a 2ª xornada de Liga Alevín na coruñesa piscina de San Amaro. Nadaranse as seguintes probas: 50 braza, 200 libre, 1000 bolboreta, 50 costas, 800 libre femenino, 100 estilos, 100 libre, 100 costas e remuda de 4×200 libre masculina.

O domingo participamos con cinco deportistas no Campionato Galego de Longa Distancia en piscina, fase territorial do Campionato de España, que se celebra en Ponteareas en dúas sesións. Pola mañán nadará Eva Sánchez, de categoría infantil, a proba de 2000 metros. Pola tarde nadarán 3000 metros Mateo García, Ana Veiga, Nerea Alvite e Paula Otero.

Ánimo e sorte a tod@s!!

ConvocatoriasLonda Distancia